Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cee
Parroquia: Cee (Santa María)
Lugar: Cee
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A igrexa de Cee nacera gótica, pero do primitivo templo so se conserva a Capela Maior, construída a principios do século XV. É unha das igrexas de maiores dimensións da comarca de Fisterra. Ten planta de cruz latina con tres naves, a central é máis ancha cas laterais. Piares de sección cadrada soportan os arcos de medio punto que as separan. Ós pés das naves laterais levántanse dúas torres de idéntica composición formadas por tres corpos graduados. A capela maior, de enorme anchura, cóbrese con bóveda de canón apuntada.
Un arco triunfal apoiado sobre as columnas de fustes esveltos e capiteis de follas e bolas sepárao do cruceiro. O brazo do cruceiro destácase en altura mediante dous arcos de medio punto sobre pilastras, ainda que en planta adquire pouca significación. Seis arcos de medio punto sobre piares separan as tres naves. Ós pés da nave, un coro alto de madeira. A teitume de madeira do interior destaca polo labor de carpintería que imita unha estrutura abovedada. A fachada divídese en tres corpos verticais. O corpo central sobresae lixeiramente en planta mentres que os laterais son de menor altura, sen ornamentación e están recuados. Este corpo central da fachada remata nun frontón curvo sostido por pilastras apegadas de orde xigante que abarcan toda a fachada. Os corpos laterais, máis baixos, rematan en sinxelos frontóns curvos. Esta fachada responde ó estilo ecléctico e foi construída ó igual que as torres a finais do século XIX polo arquitecto Ramón Pereiro debido a que durante a invasión francesa, foi incendiada e destruída en parte, quedando en estado ruinoso.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No seu interior gárdase a Virxen da Xunqueira. O retablo maior ten un só corpo dividido en tres panos; foi construído en estilo ecléctico no ano 1931. Preside o retablo a imaxe neoclásica que substituíu á antiga que segundo a tradición apareceu entre as xunqueiras que medraban na ribeira próxima á actual igrexa.


Tradición oral:

No seu interior gárdase a Virxen da Xunqueira, doada en 1812 por Pedro Díaz Porrúa. O retablo maior ten un só corpo dividido en tres panos; foi construído en estilo ecléctico no ano 1931. Preside o retablo a imaxe neoclásica que substituíu á antiga que segundo a tradicción apareceu entre os xuncos que crecían na ribeira próxima á actual igrexa. Sobre esta lenda que é ou presenta un paralelismo coas lendas de San Marcos de Corcubión e co Cristo de Fisterra, que segundo din, un barco estranxeiro non era capaz de zarpar debido a unha forza misteriosa que o retiña dentro da ría, ata que a tripulación decidiu tirar ó mar unha imaxe de madeira que levaban a bordo. Esta imaxe foi atopada máis tarde por un veciño do lugar, entre as xunqueiras da ribeira, máis ou menos onde agora esta a igrexa, de ahí o nome da Virxe.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: “Arquitectura da provincia da Coruña, Cee,Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía”, Deputación Provincial da Coruña, Vol.IV, 1997.
– TROIANO CARRIL, X.: «Camariñas, Corazón da Costa da Morte», libro inédito pero inscrito no Rexistro da Propiedade Intelectual no 2007,2008 e 2009.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.95540565095255
Lonxitude: -9.189419746398925
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84