Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Agolada / Deza (comarca)
Parroquia: Santa Comba (San Xoán)
Lugar: Castro
Outra denominación do ben: Os Castros
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Castro situado nunha zona de chaira e a 571 m. de altitude. Conserva só a metade nororiental da croa e un tramo de foso. Segundo a ficha arqueolóxica dos castros do Deza (Deputación de Pontevedra) : “O eixo NW-SE mide 115 m. (exterior) e 95 m. (interior). Obsérvase terraplén no perímetro conservado, cunha altura máxima de 3 m. na zona norte”.
Pola zona leste hai unha depresión na que podería estar a zona de entrada con dúas elevacións a modo de bastións. Conserva un tramo de foso no sector norte que acada os 50 m. de lonxitude. Nas últimas décadas a estrutura do recinto viuse fortemente alterada polas labores agrícolas e a día de hoxe está mimetizada cos prados.
A foto desta ficha é de Angel L. Utrera Baza. Na imaxe secundaria, un plano lidar da zona do castro e unha imaxe do Voo Americano do 56 da web http://mapas.xunta.es/visores/basico/


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Presas García, Antonio. García Porral, Xoán Carlos. O mundo dos castros:
A comarca de Deza ED. Faro de Vigo, ISBN libro impreso 978-84-616-7983-6
Fichas Arqueolóxicas dos Castros de Agolada. Deputación de Pontevedra
Acceso web http://goo.gl/yBjuMq
Carballo Arceo, L.X. (1987) “Ficha de inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Xunta de Galicia”.
Carballo Arceo, L.X. (2001) A Cultura Castrexa na Comarca de Deza. Col. Deza Básicos nº 4.Lalín:
Patronato Cultural de Lalín, Seminario de Estudios de Deza,
Concello de Lalín. Páx: 78, 110, 112,116, 322, 324.
Filgueira Valverde J.; García Alén A. (1954-56) “Materiales para la Carta Arqueológica de la Provincia de Pontevedra”.
Museo de Pontevedra, TVIII. Páx. 134.
http://ospendellos.blogspot.com.es/2016/06/o-castro-de-santa-comba-agolada.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.777944521
Lonxitude: -8.06361079216
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84