Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Lugo / Lugo (comarca)
Parroquia: San Xoán de Pena
Lugar: O Castro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Castro de forma circular irregular, moi arrasado polas labores agrícolas que aínda hoxe se efectúan dunha maneira intencionadamente agresiva co fin de achairar os pequenos desniveis que quedan entre a croa e o foso.
Un dato de relevancia é que pese ás citadas labores agricolas, non se ve cerámica ningunha na superficie.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA 27028145
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Cóntase que a primeiros do século XX, os fosos deste castro tiñan tal profundidade que as mulleres da zona ían lavar a roupa á auga que nel había a maior parte do ano, así mesmo, as murallas/parapetos de terra foron achairados nunha primeira fase a man, utilizando animais de tiro para arrastrar a terra e pedras, e anos máis tarde por maquinaria pesada polos donos. Os feitos disque foron denunciados, presentándose no lugar un arqueólogo, que parece ser dixo que non se afectara ó xacemento, quedando a cousa en nada.


Historia recente do ben:

Fixéronse unhas escavacións no que comprendería o foso e a zona inmediata exterior ao construírse o corredor Nadela-Monforte.


Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

As labores agrícolas que se realizan nel, resultan seriamente perxudicias, pois fanse de forma agresiva co fin de achairar os desnives entre os fosos e a croa de xeito “disimulado” para gañar terreo de cultivo.


Onde está localizado

Latitude: 42.9645620212
Lonxitude: -7.49738216406
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84