Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Agolada / Deza (comarca)
Parroquia: Basadre (Santa María)
Lugar: Basadre
Outra denominación do ben: Eira Vella / Castriño
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Castro situado no cume dun esporón sobre un rego que vai desembocar ao regueiro de Ponticelo, o cal morre un pouco máis adiante no río Ulla. Está a 366 m. de altitude e confórmase cun único recinto de forma ovalada e defendido por un terraplén. Segundo a ficha arqueolóxica dos castros do Deza (Deputación de Pontevedra) referente a este castro redactada por Santiago Ferrer Sierra e Mar López Cordeiro no ano 2012:
“No seu eixo N – S mide uns 70 m ó interior e 85 ó exterior. No eixo menor, na zona máis ancha, mide 60 m. no interior e 75 no exterior.
O castro está ubicado dentro dunha finca privada e non pode ser inspeccionado salvo nos bordes e na metade oeste á que se accede por un camiño. O terraplén está moi alterado polo acondicionamento da finca, se ben se conserva en todo o seu perímetro. O muro de peche da finca foi en parte construído sobre o terraplén. Polo camiño que bordea o castro obsérvanse abundantes xistos que podería ter formado parte da estrutura do terraplén”.
Foto desta ficha Angel L. Utrera Baza. Na imaxe secundaria, un plano lidar da zona do castro e unha imaxe do Voo Americano do 56 das web http://mapas.xunta.es/visores/basico/ e http://mapas.xunta.gal/visores/descargas/


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Presas García, Antonio. García Porral, Xoán Carlos. O mundo dos castros:
A comarca de Deza ED. Faro de Vigo, ISBN libro impreso 978-84-616-7983-6
CARBALLO ARCEO, L.X. (2001) A Cultura Castrexa na Comarca de Deza. Col. Deza Básicos nº 4.Lalín: Patronato Cultural de Lalín, Seminario de Estudios de Deza, Concello de Lalín.
Fichas Arqueolóxicas dos Castros de Agolada. Deputación de Pontevedra
http://ospendellos.blogspot.com.es/2016/06/castro-de-basadre-agolada.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.843342267
Lonxitude: -7.99509644508
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84