
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Padrón / Sar (comarca)
Parroquia: Padrón (Santiago)
Lugar: Padrón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Ao final do paseo arborado, un vai atoparse nunha praciña na que se alza un cruceiro catalogado como prateresco: é o cruceiro de Fondo da Vila, que por unha banda mostra ó Crucificado e polo outro, o Descendemento; as esquinas da súa base toman forma de catro caveiras. Este exemplar da arte popular galega estaba ata principios de século en O Espolón, e no seu día foi eloxiado por Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, un dos importantes homes galegos do século XX, que dixo que aquel marcaba o paso ó barroco.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
As cruces de pedra na Galiza .- Castelao
http://www.concellodepadron.es/node/117
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.73678339227864Lonxitude: -8.660783171653748
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
Oscar Franco says:
Abr 20, 2015
Unha referencia máis deste cruceiro:
BURGOA FERNÁNDEZ, JUAN J. De Tui a Santiago. Cruceros y Petos de ánimas del Camino Portugués (En liña) http://ruc.udc.es/bitstream/2183/8733/1/CC56art12ocr.pdf
Oscar Franco says:
Mai 31, 2018
Engado a seguinte información e varios enlaces web:
Cruceiro do século XVI que posúe varios elementos da Paixón gravados no varal.
No mesmo varal podemos ver as imaxes do apóstolo Santiago e de Xoan Evanxelista.
Por último a cruz florenzada na que aparece Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe das Angustias no reverso.
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/1506503.html
http://balinas.blogspot.com/2006/11/padron-iria-flavia.html
Oscar Franco says:
Xan 24, 2022
A web historiadegalicia.gal recolle a denuncia do 18 de xaneiro de 2022 sobre as pintadas sufridas sobre o cruceiro:
http://historiadegalicia.gal/2022/01/video-pintan-un-cruceiro-de-padron-do-seculo-xvi-estudado-por-castelao/