Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Dumbría / Fisterra (comarca)
Parroquia: Dumbría (Santa Baia)
Lugar: O Fragoso
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Asentamento fortificado de configuración ovalada situada a uns 307 metros sobre o nivel do mar, cunhas medidas duns 55 metros de L-O por uns 112 metros de N-S que acada unha superficie duns 6200 metros cadrados. Está defendido por unha forte pendente duns 30 metros cara o río Fragoso polo norte e no resto das caras cinguida por un parapeto de terra e pedra ademais dun foso. A súa entrada orixinal semella estar polo Noroeste. Está moi cuberto de vexetación variada como pino ,eucalipto, toxo, xesta e diferentes matogueiras. Este asentamento atópase a uns 750 metros do petróglifo de Pedra Ancha, no antigo Camiño Real de Santiago a Fisterra, e a uns 490 metros dende o petróglifo ata o cruce da estrada que vai a Brens, fronte a fábrica de Ferroatlántica.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: SB.000045616
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Fálase da existencia dun valioso tesouro protexido por unha fermosa doncela ou encanto que se deixaba ver en determinados días e horas do ano. Situábase o carón da fonte do Fragoso e o home que puidera chegar a desfacer o encanto superando tres probas, quedábase coa doncela e co tesouro.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
BIBLIOGRAFÍA
– GARCÍA QUINTÁNS, M.: “El ayuntamiento de Dumbría, Historia, tradiciones y costumbres”. Deputación Provincial da Coruña, 2008.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.9871017953Lonxitude: -9.10059481881
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
elixiovieites says:
Xuñ 28, 2016
Un plano lidar da zona do Castro do Fragoso. Dumbría