Outra fotografía:

Tipo de ben: Lavadoiro,
Concello: Dodro / Sar (comarca)
Parroquia: San Xoán de Laíño
Lugar: Imo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Lavadoiro construído en 1944 en pleno Camiño Real, sendo alcalde D. Genaro Vidal, natural desta aldea, en pleno apoxeo da ditadura franquista e como xesto de magnificencia cara ós seus veciños. Mide dez metros de largo por catro de ancho e consta de dez pedras de lavar. Ten un tellado con tella do país que descansa sobre nove piares de pedra e tres travesas de madeira. Recentemente restaurado.
Está situado no lugar da Lavandeira consecuentemente “lugar onde se lava a roupa”. Este lugar tamén era axeitado para mazar o liño e a la aproveitando o curso do Río Ancho ou Río Grande.
Tamén se atopa nas inmediacións do conxunto de Hórreos da Lavandeira, un grupo de once hórreos de diferentes épocas pero que nace en 1754 canda a construción da igrexa parroquial e debido ó aumento do consumo e plantación de millo.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
Inventario do Patrimonio Etnográfico da Asociación de Veciños de San Xóan de Laíño, realizado no ano 1993.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7131240515
Lonxitude: -8.72343152761
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84