
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Guarda / Baixo Miño (comarca)
Parroquia: A Guarda (Santa María)
Lugar: Monte de Santa Trega, Mirador do Pico de San Francisco
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de dous chanzos e pedestal cúbico moldurado cun bocel e mediacana. Na cara do anverso ten unha placa cunha inscrición que di: “EN MEMORIA DEL DOCTOR JOSE R SOBRINO ARIAS AÑO 1975”. O varal comenza cadrado no 40 % para seguir octogonal ata o capitel cuadrangular con astrágalo octogonal. O ábaco é de lados curvos cos vértices rematados en chafrán. Está decorado con volutas e follas de acanto. A súa cruz é cuadrangular e presenta no seu anverso a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans pechadas. Ten a cabeza lixeiramente ladeada cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita e o pé esquerdo está sobre o dereito. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar cos dedos das mans entrelazadas sobre o peito e sobre unha peaña que semella unha nube. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.88867471Lonxitude: -8.87086037549
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
adela suma says:
Xul 7, 2016
O PXOM de A Guarda (1993) está afectado parcialmente pola sentenza 566/1998 TSXG 25/06/1998. Recaida no recurso 4241/1995.
No seu catálogo non recolle ningún cruceiro.
Oscar Franco says:
Dec 15, 2022
Engado a seguinte referencia web:
https://cruceirosdegalicia.xyz/3602303.html
onde podemos ler o seguinte:
“El cruceiro actual es una réplica de otro que fue destrozado por el ciclón Gong (19-01-2013). Dicho cruceiro era de la década de los años 70 del siglo XX y era en recuerdo de la familia guardesa Sobrino”.