Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Condado (comarca) / Mondariz
Parroquia: Toutón (San Mateo)
Lugar: Casco
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro que nace sobre tres chanzos cadrados, o primeiro deles soterrado polo asfalto. A súa base cúbica coas arestas rebaixadas posúe unha inscrición coa data da súa construcción: 1711. A continuación o varal, de seccíon cilíndrica que vai perdendo corpo canto máis arriba. O capitel é de tipo corintio, con volutas nas esquinas, dobre fila de follas e unha flor central en cada unha das caras.
O conxunto remata nunha cruz de sección cadrada coas arestas achafranadas na que podemos ver as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe das Angustias con fillo morto no colo sobre peaña con forma de cabeza de anxo no reverso.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MONDARIZ/documents/0830CA001.PDF (Páxina 3)
http://www.alternativapormondariz.org/pxom/PxomMONDARIZ.htm
(Documento de aprobación inicial, PXOM Mondariz. Tomo V. Ficha E_054 – Páxina 166)
http://cruceirosdegalicia.xyz/3603001.html
BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao e SAMPEDRO FERNÁNDEZ, Andrés. (2008). Cruces, cruceiros e petos DO CONCELLO DE MONDARIZ. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE)
PÉREZ LABACA, Xoán Xosé. (2012). OS CRUCEIROS DO CAMIÑO PROCESIONAL DE MONDARIZ Á FRANQUEIRA NA ROMARÍA DAS PASCUILLAS. Actas do IIIº Congreso galego sobre cruceiros e cruces de pedra. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE)
ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2563096248Lonxitude: -8.49316522479
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
adela suma says:
Xul 7, 2016
Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”;
ademáis, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español;
así o recoñece e garante a Lei 5/2016, de 4 de mayo, do patrimonio cultural de Galicia.
Enlaces:
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html