Outra fotografía:

Tipo de ben: Escudo / Epígrafe, Fonte,
Concello: Padrón
Parroquia: Padrón (Santiago)
Lugar: Padrón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Fonte monumental de gran tamaño con motivos e figuras relixiosas. Na parte alta do arco pode verse a chegada a Galicia do apóstolo Santiago, e debaixo desta imaxe outra do mesmo santo bautizando unha muller cunha cuncha. Foi reconstruída cando terminaba o século XVIII, onde unha clara inscrición no exterior informa ao recentemente chegado de que se reedificou esta fonte, reinando o señor don Carlos IIII, sendo alcalde don Joaquín Foxi Bendaña, no ano 1789, mentres no interior advírtese que, o ilustrísimo señor don Manuel de Sanlúcar, bispo de Sidonia, concedeu 40 días de indulxencias a todos os que devotamente rezaren unha salve diante desta imaxe.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Esmoleiros e petos de animas da provincia da Coruña .- Estanislao Fernandez de la Cigoña e Nuñez

http://www.concellodepadron.es/node/119


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.73895163107427
Lonxitude: -8.66273045539856
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84