Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro, Castelo,
Concello: Lousame / Noia (comarca)
Parroquia: Fruíme (San martiño)
Lugar: Fruíme (Monte do casteo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Recinto catalogado nos Bens Arqueolóxicos do PXOM de Lousame do ano 2004 como “asentamento fortificado medieval”. Está a unha altitude de 340 m. e con visión ata o mar da ría de Arousa. Autores como Xerardo Agrafoxo adscríbeno a idade do ferro no traballo “Asentamentos Castrexos no Partido Xudicial de Noia”. Está protexido por penedías graníticas polas bandas norte e sur que poderían alcanzar os 15 m. de altura. Polo oeste o sistema defensivo refórzase co desnivel do monte. No leste ten unha muralla de pedra que se estende de norte a sur, pero está moi esborrallada. No seu interior había vivendas circulares e o lugar era coñecido como “Casa dos Mouros”. A máis grande destas, de planta rectangular, estaría no lado noroeste, atendendo a súa cimentación rectangular de 7 metros de longo por dous de ancho. No lado sueste hai unha rampla que foi utilizada para a extracción de pedra. O lugar, a día de hoxe, está inzado de maleza.
Está a 1,8 km., en liña recta, ao leste do castelo de San Mamede, entre eles, polo val do río Confurco, pasa a vía que conecta a Ría de Arousa, pasando por Bealo, con Noia.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA15042004
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LOUSAME/documents/0206CA004.pdf (Pax. 3)
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2009/10/04/as-republicas-de-homes-libres-ii-pegadas-nos-penedos/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7281316806
Lonxitude: -8.839584589
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84