Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Lousame / Noia (comarca)
Parroquia: Lousame (San Xoán)
Lugar: Ces
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro de capela con plataforma cuadrangular con dous chanzos. O varal é groso e de sección cadrada con chafráns, leva adornos vexetais nos rebaixes da parte superior, que se amosan moi erosionados. A capela é de base tronco-piramidal e as paredes van feitas con lousas de pedra postas en época recente, tellado a catro augas e una cruz no cume de brazos con chafráns e remates en flor. Destaca a imaxe dun anxo con ás na base do fronte da capela.
O cruceiro está a carón da ermida de San Cristovo de Ces. A imaxe da Virxe do Loreto, que podemos ver na imaxe secundaria desta ficha, e que foi sacada da páxina de Turgalicia, foi roubada hai uns 2 anos, segundo nos contan os veciños.
O feito foi denunciado por membros de patrimoniogalego.net, cos datos da elaboración da ficha, o 3 de Xullo de 2016 ante a Garda Civil de Noia. A figura da virxe será incluída na base de datos de imaxes de elementos roubados.

A Virxe que podemos ver a día de hoxe no cruceiro e de factura recente.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LOUSAME/documents/0206CA007.pdf
pax. 9 do pdf
http://www.turismo.gal/ficha-recurso?cod_rec=17131&ctre=55


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7442643788
Lonxitude: -8.84426504374
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84