Outra fotografía:

Tipo de ben: Necrópole,
Concello: Parada de Sil / Terra de Caldelas (comarca)
Parroquia: San Lourenzo de Barxacova
Lugar: Barxacova
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

No lugar da necrópole de Barxacova, situado a escasa distancia da desembocadura do río Mao no río Sil, queda un grande penedo sobre o que se asentaba a capela de San Vitor, e aos seus pés, a explanada onde as escavacións arqueolóxicas descubriron unha necrópole de tumbas antropomorfas con ocupación datada entre os séculos IX e XI. As sepulturas antropomorfas escavadas na rocha que conforman a necrópole, orientada de leste a oeste, orixinariamente estaban cubertas con grandes lousas seladas con argamasa. Segundo as informacións, un dos elementos máis interesantes destas tumbas, para o que non se coñecen paralelismos, é que aos seus pés realizáronse prolongacións e en dous delas un espazo cuadrangular que os arqueólogos interpretaron como osarios. Trátase dunha das maiores necrópole rupestres de toda Galicia e que reflicte a organización social e relixiosa dun asentamento, situado xunto aos camiños principais daquela época, cuxa ocupación abarcaría dos séculos IX ao XI.
Restos da Idade do Bronce localizados no contorno próximo suxiren unha zona de tránsito importante polo val do Mao.
Téñense atopado moedas de ata o século XV que indicarían a dilatada ocupación do xacemento. No contexto no que estas apareceron non permiten falar da continuidade da necrópole, pero tal vez si da capela, que puidera ter seguido co culto a San Vitor. A presenza de cerámica de mesa e de cociña de época medieval, ademais de pesos de tear e algún muíño, fan pensar na presenza dun asentamento nun lugar próximo, que aínda non se localizou.
Chégase seguindo un carreiro sinalizado que desde o pobo de Barxacova conduce ao xacemento.
Foto da ficha: Lourdes Sesto.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Nieto Muñiz, Eduardo Breogán. ROMANOS EN SAN VITOR: Vestigios romanos
en la necrópolis rupestre de San Vitor de Barxacova
(Parada de Sil, Ourense): algo más que unas tumbas en roca.
Acceso web
http://www.jasarqueologia.es/editorial/preview/ActasJIA12.pdf
(Pax. 126-130)

http://www.paradadesil.es/svitor.html
http://www.paradadesil.es/vitorg/vitorg.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3737242009
Lonxitude: -7.50286817551
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84