Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Lousame / Noia (comarca)
Parroquia: Lousame (San Xoán)
Lugar: Ces
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro que se alza sobre plataforma de tres chanzos e un pedestal prismático, con rebaixe caixeado nas súas caras e de arestas superiores biseladas. Deste levántase o fuste que comeza con tramo de sección cadrada e logo tórnase circular. A pouca distancia do comezo leva tallado unha figura con hábito de monxe apoiado en peaña, que podería corresponder con S. Francisco. Remata o varal en colariño, dando paso a un capitel con adorno vexetais, caras de anxos nas súas catro caras e pequenas molduras. Crucifixo cunha figura dun cristo que semella fóra de escala en relación coa cruz na que se atopa. No reverso leva a Virxe cun manto e en posición de orar, que vai sobre unha peaña con figura de cabeza de anxo. Ao seu carón hai unha mesa de pedra. No pedestal podemos ver tallado o ano 1780 nunha cara, e noutra as iniciais do que poderían ser os seus promotores. Segundo nos contan os veciños este cruceiro foi trasladado fai uns 30 anos do antigo camiño sacramental, polo que tiñan que ir os enterros ata o cemiterio, ao campo da capela de San Cristovo onde se atopa actualmente.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LOUSAME/documents/0206CA006.pdf
pax 9 do pdf , imaxe número 48.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7440496715Lonxitude: -8.84505093098
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
elixiovieites says:
Xul 5, 2016
Imaxe tallada no varal do cruceiro de Ces.
Acceso a ficha do PXOM de Lousame
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LOUSAME/documents/0206CA006.pdf
pax 9 do pdf , imaxe número 48. En Turgalicia http://www.turismo.gal/ficha-recurso?cod_rec=17131&ctre=55
adela suma says:
Xul 7, 2016
Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”;
ademáis, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español;
así o recoñece e garante a Lei 5/2016, de 4 de mayo, do patrimonio cultural de Galicia.
Enlaces:
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html
Oscar Franco says:
Out 15, 2018
Fotografía con parte das inscrición que podemos ver na base.
Tamén engado a seguinte referencia web:
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/150420402.html