Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Tui
Parroquia: Tui (O Sagrario)
Lugar: Praza da Armada Española
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de catro chanzos e pedestal cúbico achafranado. O varal é circular comezando en cadrado cunhas molduras vexetaise xeométricas. O capitel é circular co ábaco de lados curvos e vértices achafranados. Ten volutas e follas de acanto. A súa cruz é romboidal con remates florenzados e botón central. No anverso, presenta a Cristo Crucificado con tres cravos coas mans abertas e a perna esquerda sobre a dereita. A súa cabeza está ladeada á dereita e ten unha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe Dorosa coas mans no peito en actitude de orar e nunha posición de medio lado mirando cara á esquerda da cruz. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación e, ademais, este cruceiro é un BIC declarado: Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/TUI/documents/27513CA109.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0470774035
Lonxitude: -8.64227581772
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84