Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Cerceda
Parroquia: Encrobas, As (San Ramón)
Lugar: Gontón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

O conxunto abrangue a cruz de Gontón e mailo Vía Crucis dos que o aceso faise dende a estrada (hoxe perdido pola maleza), construídos en pedra durante a posguerra Civil Española, para honralos veciños falecidos na guerra, do bando franquista.
Levántase a cruz sobre un basal escalado en 3 tramos, sobre dun gran penedo. Na súa fronte Leste, presenta un pequeno altar, enriba do cal ten unha lápida de pedra con texto gravado, se ben atópase estragada e case que convertida nun quebracabezas no que fallan moitas das pezas.
A lápida recollía os nomes dos veciños de As Encrobas falecidos, e o nome do ditador Francisco Franco.
No costado Sur, o seu segundo tramo atópase oco, coa finalidade de servir de nicho funerario e aloxar un cadaleito.
O aceso á Cruz faise por un camiño de Vía Crucis, marcado con monólitos chantados sobre os moitos penedos que están espallados por todo o outeiro, e ó cal accedíase dende a estrada.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: Non se atopa catalogado
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:

Dª Manuela Barbeito Fero, quen foi veciña, de As Encrobas, do lugar de Gontón, moi preto da Cruz, comentaba que no nicho ían sepultalo seu irmán Juan Barbeito Fero, que morreu na guerra; finalmente a familia non aceptou xa que non lles parecía un sitio tan xeitoso como o cemiterio parroquial de San Román de as Encrobas (trasladado ó lugar actual nun emprazamento próximo).


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Non foi atopada ningunha referencia bibliográfica ó conxunto da Cruz e tampouco ó Vía Crucis, só as que recollen os acontecementos de levantamento social durante os anos da expropiación dos terreos, nos 70, liderados polo cura de As Encrobas na época, Moncho Valcarce, e na actualidade os que fan referencia ó aporte de auga para formalo lago.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/cerceda/2016/05/26/vecinos-as-encrobas-citan-nuevo-historia-reciente/0003_201605C26C5992.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

O aceso ó conxunto atópase completamente cuberto de maleza e intransitábel polos terreos de propiedade privada de Unión Fenosa, propietaria dos terreos expropiados nos anos 70.
Se ben están na área privada dunha empresa eléctrica, xa que a mina de lignito atópase na actualidade sen uso, non se prevén modificacións que fagan perigalo conxunto, sendo a única afección que se agoche entre a maleza.


Onde está localizado

Latitude: 43.1990212071
Lonxitude: -8.41440215707
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84