Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Terra de Celanova (comarca) / Verea
Parroquia: Bangueses (San Miguel)
Lugar: Bangueses de Abaixo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

Mámoa de grandes dimensións que forma parte do conxunto do Outeiro do Ferro- Penagache e catalogada como M1 ou Mota Grande. Está situada nunha chaira a 1250 metros de altitude e na raia na fronteira de Galicia con Portugal. Acada os 52 metros de diámetro e unha altura de 4. Segundo podemos ler nun traballo de J.M. Eguileta Franco sobre os volumes e patróns dos megalitos da comarca da Baixa Limia, o monumento é unha verdadeira excepción polo seu tamaño. Coas súas dimensións, tendencia á forma cónica e a súa situación extrema na necrópole, non é só un punto de referencia visual neste sector da penichán superior da Serra de Leboreiro, senón dende gran parte das súas estribacións orientais por donde se aliñan outros grupos ao largo da divisoria norte da comarca.
Sufriu unha violación na década dos 80 e quedaron á vista cinco esteos de cámara poligonal e amosa alomenos dous esteos gravados, á esquerda da pedra da cabeceira. No ano 1994 volveu a soportar unha salvaxe profanación o que orixinou que se fora obxecto dunha escavación de urxencia.
A Foto da ficha é de Alex Negreira . Foto secundaria José María Eguileta Franco.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA32084001
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Eguileta Franco., José María : El volumen de los monumentos megalíticos:
Aportaciones a los patrones de emplazamiente en la comarca de A Baixa Limia. 1995
Acceso Web https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2686851
Blog Alex Negreira
http://megaliticia.blogspot.com.es/2015/11/mamoa-da-mota-grande.html
Blog Moncho Boga
http://dolmensedemaisfamilia.blogspot.com.es/2012/07/antas-dolmenes-da-baixa-limia-iv.html
Unha ficha da mámoa
http://megalitos.arqueoloxico.com/fichasou/32084001.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0714686155
Lonxitude: -8.09543251991
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84