
Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño, Ponte, Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Muros
Parroquia: Serres (San Xoán)
Lugar: Pozo do Cachón
Outra denominación do ben: Os Muiños
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Muíño do Pozo do Cachón, situado na parroquia de Serres. Trátase dun muíño de marea construído no primeiro cuarto do século XIX que se comezou a rehabilitar non ano 1990 por iniciativa do Concello da vila e baixo proxecto do arquitecto D. Jesús Anaya Díaz. A súa importancia estriba en que é un dos muíños desta tipoloxía máis grandes de España e as súas instalacións teñen un alto interese etnográfico, artístico e cultural, formando parte da historia local desta terra. A súa planta é rectangular alcanzando un gran desenrolo lonxitudinal, na que se diferencia a zona de muíños propiamente dita e a parte que antigamente estivo dedicada a almacén. Nesta última parte funcionaron a principios de século, por iniciativa de D. Abelardo Dubert, os Baños de Santa Rita, unha casa de baños especializada na curación de enfermidades a base de baños temperados de algas e auga mariña.
Xunto ó edificio do muíño emprendéronse tamén nos últimos anos labores de recuperación da ponte pola que se accede a este edificio. Na actualidade funciona como centro cultural con diversas actividades ó longo do ano, e nun futuro podería albergar o Museo Etnográfico e Histórico de Muros. Nas inmediacións dispónse dunha área recreativa, concibida a maneira de auditorio ó aire libre, que contribúe a resaltar a fermosura e singularidade da obra.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: EquipamentoInfraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Arquitecturas da provincia da Coruña Carnota, Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son . J.Ramón Soraluce Blond, Xosé Fernández Fernández
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/documents/22396CA014.pdf
pax. 2
http://www.muros.es/ga/molino.htm
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7875486275Lonxitude: -9.06266927719
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
adela suma says:
Out 30, 2011
Engadir coma información complementaria o enlace á ficha (C5 02) do muíño no PXOM (2010) vixente en Muros:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MUROS/documents/22396CA014.pdf
Elixio Vieites says:
Mai 20, 2016
Interesante traballo sobre os muíños de marea. O Muíño do Cachón vén na páxina 37
http://www.slideshare.net/monadela/muos-de-marea
Oscar Franco says:
Abr 1, 2017
http://www.ariadaestrela.com/saber-muino-cachon