Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Condado (comarca) / Ponteareas
Parroquia: Ribadetea (San Xurxo)
Lugar: Santa Cruz
Outra denominación do ben: Cruceiro da Capela de Santa Cruz
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre tres chanzos moldurados de sección cadrada. A súa base, cadrada coas arestas achafranadas, está decorada con tibias cruzadas e caveiras. O varal na súa primeira metade é de sección cilíndrica; a segunda metade está decorado con acanaladuras. A continuación o capitel, de forma cilíndrica e abombada, decorado con círculos.
O conxunto remata nunha cruz tipo latina na que podemos ver as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe das Angustias con Neno no colo que vai sobre unha peaña con figura de cabeza de anxo no reverso.
Ao carón do cruceiro podemos ver un varal de pedra cunha estrutura metálica que, no pasado, pendía un farol.

Na contorna do cruceiro tamén podemos ver un peto de ánimas, a capela de Santa Cruz e un palco de música, conformando un fermoso conxunto.

Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.pxomponteareas.org/p-o-x-m/ (Ficha 21.09.01)
https://cruceirosdegalicia.xyz/360422103.html

BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ ÁLVAREZ, Moné: “Cruces, cruceiros e petos de ánimas do Concello de Ponteareas”. Ed. AGCE, S.L. Vol. XXXVII. 2008

ENLACES DE TIPO LEGAL:

http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1945996361
Lonxitude: -8.52866023779
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84