Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro, Castelo,
Concello: Bergantiños (comarca) / Cabana de Bergantiños
Parroquia: Borneiro (San Xoán)
Lugar: Borneiro
Outra denominación do ben: Castro de Borneiro
Cronoloxía: Idade do Ferro, Época Altomedieval,
Descrición:

Asentamento fortificado datado como pertencente a idade do ferro e como recinto medieval. Está a 355 metros de altitude e no cume dun monte cun gran afloramento granítico que lle confire unhas boas defensas naturais.
Segundo a descrición da ficha do catálogo de Bens Arqueolóxicos do concello de Cabanas de Bergantiños do ano 1999, ten unha croa de forma ovoide duns 95 m. de diámetro e uns 60 m. de longo, delimitada por un terraplén natural no que abundan as afloracións rochosas. Os espazos entre penedos están tapados con grandes bloques de pedra extraídos das proximidades. A croa aparece circundada por tres antecastros situados ao sur, leste e oeste, potenciando o sistema defensivo e ampliando a superficie habitable. Presenta un bo estado de conservación podéndose observar parte das murallas que delimitan algún antecastro.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA15014003
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CABANADEBERGANTINOS/documents/0081CA018.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.1876714273
Lonxitude: -8.94508123398
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84