Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Santiago (comarca) / Santiago de Compostela
Parroquia: Villestro (Santa María)
Lugar: Portela (Os Cortellos)
Outra denominación do ben: Petróglifo Cortellos 3
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

O petróglifo de Pedra da Loba ou Cortellos 3 atópase na parte alta do Monte San Miguel e a carón da paraxe da Devesa da Rula, lugar onde se encontran unha gran concentración de gravados rupestres. O petróglifo foi descuberto recentemente polos membros do colectivo A Rula e foi bautizado como Pedra da Loba. Está nunha rocha duns 6,30 m. de longo por 3,10 m. de ancho e nunha pequena valgada que descende cara o río Roxos, orientada ao SL, e na súa orientación N/S segue a pendente do terreo da contorna.
Destaca pola composición naturalistas das súas gravuras compostas por motivos zoomorfos, podemos ver ata 19, entre cervos e cabalos, distribuídos en cinco grupos e en función dos espazos delimitados polas diaclasas da rocha. Destacan entre os motivos un cervo macho, duns 32 cm., cunha gran cornamenta, na parte inferior da rocha, dúas escenas de monta, consistentes nunha figura antropomorfa montada nun cabalo e outra que parece ir ao lombo dun cervo.
Aparecen na estación outros motivos de natureza xeométrica como seis coviñas de 2-3 cm. distribuídas por toda a rocha e unha combinación circular de dous aneis e coviña central de 18 cm. no sector central esquerdo da peneda.
Da composición escenográfica podemos ler nas informacións do Colectivo A Rula:
“Unha das características máis salientables de este xacemento é que se trata da primeira laxe do concello compostelán no que se evidencia unha clara composición narrativa. A disposición da laxe en pendente, a súa situación preto da paraxe chamada “Os Cortellos” onde fica unha penedía de grandes dimensións que permitiría o cercado e control do gando nunha zona próxima a vía de acceso natural ás chairas situadas na cima do monte, son factores que avalan a hipótese dunha posible escena de condución dos animais por parte dos xinetes. A inexistencia de armas ou outros elementos que amosen unha acción violenta fainos pensar que a idea dunha posible escena de caza sexa menos probable.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

https://colectivoarula.wordpress.com/2016/07/17/a-primeira-gran-laxe-de-arte-naturalista-en-compostela/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8844077377
Lonxitude: -8.61926794052
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84