Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Mazaricos
Parroquia: Maroñas (Santa Mariña)
Lugar: Monte Aro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Trátase dun asentamento que foi fortificado a través de dúas estructuras circulares concéntricas e que posúe uns 145 metros de diámetro. O recinto principal, tendente a ovalado, duns 120 metros de diámetro norte-sur e 112 metros no eixo leste-oeste, está defendido por un parapeto que acada os 2 metros de altura e que hoxendía, vése roto en dous tramos ó norte e por un tramo ó sur, por mor de pasarlle un camiño polo seu interior como se fose unha navallada. O segundo recinto, concéntrico respecto do anterior, atópase defendido por un parapeto que pode acadar os dous metros de altura no seu interior e uns tres metros cara o exterior. O acceso a ámbo-los recintos realízase mediante o camiño citado, mais a entrada orixinal semella estar na cara oeste. Pegado o recinto interior, na cara oeste, moi preto da entrada orixinal, podemos ollar un punto xeodéxico. O recinto castrexo está a monte baixo a base de: carrascas, fieitas, toxos e algunhas xestas ademais de distintas herbas. Domina toda a contorna, situado a 556 metros de altura sobre o nivel do mar, un val cunha ampla extensión de terra e que ten unhas vistas impresionantes. Dende alí ollamos o Castro de Rios en Mazaricos entre outros que hai na contorna.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MAZARICOS/documents/0213CA003.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.956416229
Lonxitude: -8.96409094377
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84