Outra fotografía:
Tipo de ben: Reitoral,
Concello: Mazaricos
Parroquia: Mazaricos (San Xoán)
Lugar: Seoane
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Esta casa reitoral de San Xoán de Mazaricos e actual vivenda do párroco, está formada por tres volumes de semellantes traza,tanto no que respecta á arquitectura como á composición. Dous dos corpos dispóñense perpendicularmente, configurando unha planta en “L” e a outra acaba formando o conxunto nunha “U” pechada.
A entrada realízase a través dun portalón flanqueado por dous cipreses e coroado cunha cruz de pedra. Cara ó interior do “L” unha escaleira dun tramo sube ata o primeiro andar.
A composición das fachadas non teñen moito interese, xa que os vans están dispostos arbitrariamente, sen un criterio definido. A escaseza de ocos é o máis característico.
Os paramentos aparecen algunha veces recebados e pintados de cor branca, aínda que en dúas fachadas a pedra queda á vista, alternando zonas de cachotería con outras de cantería. A cuberta, en ámbolos dous corpos, trázase a dúas augas con tella do país.
Unha cheminea de gran tamaño rompe sutilmente a horizontalidade da casa reitoral. Como elemento singular, un reloxo de sol colócase nunha das fachadas cara ó exterior da finca, onde tamén podemos atopar un hórreo de pedrae un pombal de planta cadrada.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña. Camariñas, Mazaricos, Santa Comba, Vimianzo e Zas”. Volumen X. Deputación Provincial da Coruña, 1998.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MAZARICOS/documents/0213CA003.PDF
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.9405730916Lonxitude: -8.98616977037
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84