Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa, Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Bergantiños (comarca) / Ponteceso
Parroquia: A Graña (San Vicenzo)
Lugar: Carballido
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Esta parroquia chamábase anteriormente San Vicencio de Almerezo, cando aquí existía o convento do mesmo nome á carón da marxe dereita do río Pelamios afluente do Anllóns. Este mosteiro de Almerezo foi fundado no ano 868 polo Bispo Rosendo, do que non quedan restos na actualidade, e que é considerado un dos máis antigos de Galicia.
No ano 1178 Fernando II, rei de Galicia e León, dóallo ao Mosteiro cirterciense de Sobrado. Os monxes bernardos de Sobrado desecan a Xunqueira do Anllóns, reducindo o antigo señorío de Almerezo a unha “graña” ou granxa, dependendo de Sobrado dos Monxes.
Sen embargo a igrexa conserva varios elementos como os canzorros da cabeceira e o basamento onde se sitúa o altar.
O templo é de estilo barroco e de planta rectangular, cunha soa nave e cabeceira recta e máis estreita, á que se lle acaroaron diferentes corpos laterais de menor altura e que funcionan como capelas e sancristía.
Ten muros de carga de cantería á vista na nave e cachotería parcialmente enfoscada con cantería en esquinais e ocos nos anexos. Posúe grandes ventás sobre os muros da nave e unha porta de acceso lateral. A cubrición é a catro augas, con maior altura na nave que na cabeceira e a unha auga sobre os elementos acaroados, con tella cerámica curva.
Trátase dun templo de gran sinxeleza e austeridade ornamental. Cabe destacar o corpo de dous machóns unidos por arco de medio punto con campá e rematado con cruz, no testeiro da cabeceira. A fachada principal presenta un esquema pentagonal, no eixo vertical central superpóñense unha porta de acceso rectangular alintelada, unha ventá rectangular e a espadana de cantería á vista, rompendo a liña de cornixa. Esta constitúese por un corpo con tres machóns unidos por arcos de medio punto e dúas campás.
O remate realízase mediante dous pináculos sobre cornixa e un frontón curvilíneo cun pequeno oco con arco de medio punto e pináculo superior.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Documento de fundación do Mosteiro de San Vicenzo de Almerezo, 7 de maio do ano 867
http://academia.gal/boletins#paxinas.do?id=1979
No PXOM de Ponteceso
http://www.ponteceso.net/PXOM/PXOM2015/961_DAP_TV_CATALOGO%20PATRIMONIO.pdf
pax- 38 de 357


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2590691949
Lonxitude: -8.89407634735
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84