Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Mazaricos
Parroquia: Mazaricos (San Xoán)
Lugar: Seoane, Adro da igrexa.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal troncopiramidal rematada con chafráns e mediacana e cunha mesa exenta. O varal é cadrado con chafráns. Ten un capitel troncopiramidal invertido con astrágalo cuadrangular e liso. Ábaco de lados rectos e ademais ten unhas imaxes cos símbolos da paixón: Escadas, disciplina, palma, lanza, hisopo, martelo e tenaces.
A súa cruz é cuadrangular con remates de forma flordelisada. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans pechadas e a perna dereita sobre a esquerda. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Aos seus pés fica a Virxe pregando. Polo reverso da cruz presenta a San Boaventura. O cruceiro é todo de pedra cun bo estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volumun II. Deputación Provincial da Coruña, 1999.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9404515157
Lonxitude: -8.98623146122
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84