Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Sada
Parroquia: Carnoedo (Santo André)
Lugar: Campo da cruz
Outra denominación do ben: Castro de San Amandi
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Castro asentado nunha punta mariña unida a terra firme por un estreito istmo, o que favorece as condicións defensivas do emprazamento. As defensas están formadas por unha sucesión de foxos e parapetos na parte que une o xacemento á terra. No punto inmediatamente anterior ó istmo existe un sistema de parapeto precedido por un foxo, cunhas dimensións que resulta imposible aportar pola espesa vexetación, este foxo e parapeto están interrompidos por un camiño pola parte Oeste. Existe un segundo parapeto no punto máis estreito do istmo e unha terceira liña de defensa formada por un terraplén, en parte rebaixado por un camiño.
No extremo da punta, onde esta alcanza unha maior superficie, estaría a presumible zona de habitación no extremo norte; enfrontada ó mar, existe un pequeno parapeto que semella continuar por todo o perímetro da punta.
Este asentamento atópase a uns 18 metros sobre o nivel do mar e conta cunhas medidas duns 85 metros de norte a sur e de leste a oeste varia dos 40 metros na parte norte, 30 pola zona media e volta ós 40 na zona sur do itsmo. Na zona de sucesión de foxo e parapetos pode acadar os 58 metros máis ou menos.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15075001
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– Panel informativo do castro.
http://www.concellodesada.com/ga/plan-xeral-de-ordenacin-municipal/documento-aprobacion-provisional-febreiro-2016/memorias


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3860750781
Lonxitude: -8.27227592468
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84