Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Lugo
Parroquia: Bascuas (Santa María)
Lugar: A Torre/Eirexe
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Na actualidade atópase practicamente arrasada. vese parte do lenzo dun muro pola cara norte. Semella que era de planta cadrada, duns oito metros de lado. Pode que actuara como torre de vixiancia do Camiño Primitivo de Santiago que pasa ao seu carón.
Uns veciños contáronme que hai uns trinta ou corenta anos víanse gran parte dos catro muros pero que pouco a pouco fóronlle achegando terra para tapala, apoderándose a maleza do sitio. Polo lugar pódense atopar pedras de boa feitura e anacos de tellas e ladrillos. Descoñécese quen a mandou construír.
A mediados do mes de xullo de 2016 envieille senllos escritos ao Concello de Lugo e ao Servizo do Patrimonio Cultural para que, en cumprimento da Lei do Patrimonio Cultural de Galicia, se esixa aos propietarios, co preceptivo control arqueolóxico, limpar o sitio e poñer á vista o que queda da torre.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA27028082
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Castelos de Galicia: http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castelos-de-galiza.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Case desaparecida, se ben, como se describe na ficha, vese parte do lenzo dun muro. Ata hai pouco máis de trinta anos aínda se vían os catro muros pero pouco a pouco fóronlle achegando terra e cascallos, disque para que non se soubera que alí se ergueu unha torre. En efecto, obsérvase nidiamente que o pequeno montiño que tapan os restos é produto de man humana.


Onde está localizado

Latitude: 43.0193612869
Lonxitude: -7.44349479675
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84