Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Mazaricos
Parroquia: Mazaricos (San Xoán)
Lugar: Seoane, Adro da igrexa.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Hórreo pertencente ao tipo Costa da Morte, que apoia sobre dez pares de pés de forma troncocónica. Leva tornarratos circulares coa parte de arriba en forma de casquete esférico, onde van apoiadas laxes prismáticas en horizontal para facer de linteis na base dos muros da cámara. Esta vai feita con perpiaños rectangulares irregulares colocados en ringleiras horizontais. O tellado é a dúas augas a base de formigón. Os penais non se diferencian do resto dos muros da cámara e levan pequenas sobrepenas para tornar da chuvia. A porta para acceder ao interior, alintelada con catro pezas de perpiaño sitúase no penal norte. Vai rematado no cume dos penais con bases cadradas molduradas con mediacana soportando unha cruz cuadrangular achafranada. A ventilación é a que proporciona a propia irregularidade do asentamento das pezas de pedra na cámara.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9402255442
Lonxitude: -8.98618049921
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84