Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Boqueixón / Santiago (comarca)
Parroquia: A Granxa (San Lourenzo)
Lugar: Pico Sacro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Restos da fortaleza levantada no Pico Sacro pola mitra compostelá, posiblemente polo patriarca Don Alonso de Fonseca II, e derrubada polos irmandiños. Despois da destrución da Rocha Forte de Santiago as pedras desta foron utilizadas para construír aquí de novo unha atalaia de vixilancia para a defensa dos camiños que procedían das pontes do Ulla, polas que tiñan entrada as mercancías cara á cidade de Santiago.
López Ferreiro, sostén en 1868 seguindo a Jerónimo del Hoyo, que a fortaleza foi edificada polo arzobispo Fonseca a finais do século XV, aínda que, como el mesmo advirte, non se pode descartar que, con anterioridade, existise outro castelo:..“No puede decirse con certeza en qué tiempo fue edificado este fuerte: sólo se sabe que D. Alonso el segundo de los Fonsecas mandó levantarlo a los escuderos Rodrigo do Campo, Lope do Candabo, Rui Gómez de Sevil, Juan Rodríguez de Sales y Vasco Fariña de Lamas; pero ignoramos si esta obra fue mera reedificación o fábrica completamente nueva. Por los restos que este edificio nos quedan que se reduce a las cajas de los cimientos abiertos en le cuarzo, a lo menos en su último estado, podemos decir que esta torre era cuadrada y que aproximadamente tenía sesenta varas por lado incluso el grueso de las paredes”.
“Este castillo dicen que le edificó el patriarca don Alonso de Fonseca, arçobispo que fué de Santiago y despues de Toledo, y padre que fué de Alonso de Fonseca el que edificó el collegio de San Bartolomé de Salamanca; y que le edificó para defenderse de los condes de Altamira, con quien trayia guerra” (HOYO, J. del, 1607 [s.a.: 11, modf. 478]).

Na pregunta 14 do letrado Pedro Cisneros, procurador do arcebispo de toledo Alonso de Fonseca III, do seu interrogatorio no Preito Tabera Fonseca, é a que fai alusión á fortaleza do Pico Sacro podemos ler : “Se saben que a fortaleza de Pico Sacro é e foi feita coa pedra da Rocha Forte que trouxeron e carrexaron os vasalos e veciños da comarca á súa costa e misión e con moito traballo e dificultade por estar o Pico Sacro e ser o máis agreste monte e pena máis grande deste reino, a onde non poden subir nin carros nin bestas e que a referida torre non pode servir nin se aproveita máis que para atalaia porque nela non pode estar ningunha xente de a cabalo nin caber máis de dez ou doce homes de a pé e non poden vivir nin residir nela, polos moitos perigros que corren e polos continuos raios que caen nela polo que hai moito tempo que non adoita vivir alí nin alcalde nin meiriño nin outra persoa nesa torre. Por outra parte non poden vivir alí peóns que a defendan nin servan de proveito para os que traen provisións ata a cidade de Santiago polas pontes e camiños que hai á beira e a par do Pico Sacro, nin atacar ós inimigos da igrexa porque ó baixar dese monte tan alto serían vistos e atacados polos mesmos contrarios ó intentar defender ós camiñantes e pasaxeiros que por alí pasan. Porque sempre foi a Fortaleza da Barreira quen adoitaba asegurar e defender as pontes e camiños, e xulgar e castigar ós malfeitores. Asi mesmo, todo o mundo sabe, que a torre do Pico Sacro e o edificio que hai alí, non vale máis de douscentos ou trescentos ducados porque a pedra, tróuxose da referida Rocha Forte. Digan e declaren todo o que saiban dela”.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BOQUEIXON/documents/27920ca001.PDF
pax. 11

López Ferreiro, Antonio (1869) [1960] “El Monte-Sacro de Galicia”.
El Eco de la Verdad. Periódico de Santiago nº 22, 24 y 25 de agosto de 1868.
pax 5-6-7-8
http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/es/publicaciones/numeros_por_mes.cmd?idPublicacion=111

Gulías Lamas, Xesús Antonio. As pedras dunha fortaleza da Mitra Compostela.
Acceso ao traballo http://goo.gl/ueR6QP

Rodríguez González.,Angel.Las fortalezas de la Mitra Compostelana y los “Irmandiños”.
Pleito Tabera-Fonseca. 1984 . Fundación Barrié de la Maza.

Sobre as covas do Pico Sacro
http://www.boqueixon.com/downloads/biblioteca/cova.do.pico.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8070668243
Lonxitude: -8.44670534134
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84