
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Mazaricos
Parroquia: Mazaricos (San Xoán)
Lugar: Lugar Novo
Outra denominación do ben: Os Castros / / Castro de Lugar Novo
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Recinto fortificado de forma ovalada situado a uns 295 metros de altura sobre o nivel do mar. A croa, de forma circular tendente a ovalada, ten unha medidas de 110 metros de NO-SL por uns 100 metros de NL-SO, acadando unha superficie duns 7530 metros cadrados. Está defendido por un parapeto pola parte norte, leste, e metade sur, acadando unha altura dun metro polo interior e duns dous metros cara o exterior. No resto, o xacemento está definido por un terraplén.
A terraza, de forma ovalada que cingue á croa agás a parte norlés; que comparte defensa coa croa, ten unhas medidas de 190 metros de NO-SL por uns 125 metros NL-SO, acadando unha superficie de 1,95 ha. Está defendido por un terraplén e un foxo que o cingue agás a parte suroeste, zona por onde pasa o rego Mazaricos.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.9458856115Lonxitude: -8.99651348635
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
elixiovieites says:
Out 5, 2016
Foto lidar do Castro de Ríos. LiDAR-PNOA cedido por © Instituto Geográfico Nacional- Xunta de Galicia. Instituto de Estudos do Territorio
elixiovieites says:
Xuñ 20, 2017
Outra imaxe lidar da contorna do Castro de Ríos