Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Boqueixón / Santiago (comarca)
Parroquia: A Granxa (San Lourenzo)
Lugar: Pico Sacro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Século XIX, Século XX,
Descrición:

Capela de planta rectangular con tellado a dúas augas que se levanta na ladeira sur do Pico Sacro e que foi reformada nos séculos XX e XIX. Entrada porticada sobre catro columnas asentadas sobre un muro de perpiaño que sosteñen un armazón de tellado a tres augas. Consérvase o altar do presbiterio pertencente a antiga construción do século XII. Na capela maior románica consérvanse un par de columnas que responden ao estilo mateano e que serven de apoio ao arco triunfal.
A capela é o último vestixio do mosteiro de San Sebastián que o Obispo Sisnando I mandou construír no século IX. A situación do mosteiro no cume do monte, e nun lugar moi agreste, facía imposible o cultivo da terra polo cal o mesmo bispo fixo contruír unha granxa no primeiro lugar fértil preto do mosteiro, para que os monxes puideran cultivar a terra, feito que deu o nome a parroquia. Pasado o tempo xunto a esas construcións fíxose unha capela dedicada a San Lourenzo e que sería despois a igrexa parroquial, situada a 500 m. en liña recta ao leste desta capela no cumio do Pico Sacro.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BOQUEIXON/documents/27920ca003.PDF
pax. 9
http://www.boqueixon.com/historia/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.806799204
Lonxitude: -8.44629764557
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84