Outra fotografía:

Tipo de ben: Ponte,
Concello: Santiago (comarca) / Teo
Parroquia: Luou (Santa María)
Lugar: Caxade
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana, Época Baixomedieval,
Descrición:

Ponte de orixe romana que se relaciona coa vía romana secundaria que, segundo A. López Ferreiro, dende o Castro Lupario encamiñábase polas terras teenses para unirse posteriormente á vía principal do itinerario de Antonio (Vía XIX) na zona da Gándara no concello de Vedra.

A ponte actual, de pequenas dimensións, é o resultado dunha construción de orixe medieval que mudou a súa fábrica orixinal produto de sucesivas e infortunadas reformas. Destaca o seu único arco semicircular de bos perpiaños que sosteñen os muros de cachotaría. No ano 1998 acometeuse a derradeira e discutida rehabilitación da ponte, dentro do plan 2000 de recuperación da arquitectura popular.

Segundo sinalan os propios veciños do lugar, nos primeiros anos do século pasado o leito do río deixou ao descuberto os piares da ponte despois dunhas fortes enxurradas. Segundo comentan, nos alicerces da ponte podíase ver unha inscrición con caracteres latinos.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: RI.000042703
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/TEO/documents/27387CA001.pdf (Ref. O-13, Pax. 19)
http://www.elcorreogallego.es/area-de-compostela/ecg/puente-caxade-olvidada-joya-historica-concello-teo/idEdicion-2015-03-02/idNoticia-918984/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7984859427
Lonxitude: -8.56427493721
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84