Outra fotografía:

Tipo de ben: Asentamento,
Concello: Lugo / Lugo (comarca)
Parroquia: Bascuas (Santa María)
Lugar: A Brea
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O PXOM do Concello de Lugo descríbeo da seguinte forma: “Recinto de forma case circular defendido por un pequeno parapeito duns 8 metros de ancho (semi-aplanado) e unha altura que oscila entre 1 e 1,5 metros. Atopábase moi deformado por causas dos labores agrícolas. Non se coñecen evidencias ou noticias de ningún tipo de achádego no lugar, nin tampouco existe a evidencia dun topónimo alusivo á posible existencia dun castro ou similar. Non obstante, cando menos chama a atención a súa disposición, lembrando outros xacementos de similares características”.

Visitado o sitio, agochado dentro dunha carballeira, compróbase que o círculo ten un diámetro próximo aos 50 metros, e a altura do parapeito oscila entre un metro e trinta centímetros, moi lonxe do reflectido no PXOM; canto á anchura non sobrepasa os dous metros (tamén moita diferenza a respeito do citado PXOM). O parapeito foi construído con terra e pequenas pedras. Polo interior do recinto, totalmente achairado, vense esparexidas pedras de boa feitura.

Segundo nos contou un veciño de 95 anos, descoñécese que apareceran algún tipo de restos, só as pedras que foron utilizadas na construción de peches de fincas.

O sitio onde se atopa o círculo non destaca en altura das fincas da contorna polo que, só como conxectura, podería tratarse dun castro agrícola ou de chaira.

A poucos metros hai unha mámoa de 17 metros de diámetro.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA027028159
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Dise que foi construído, como a mámoa próxima, polos mouros.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LUGO/documents/27519ca076.PDF (Pax. 32-33)
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/unha-estrutura-circular-en-brea-bascuas.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.0238165746
Lonxitude: -7.44147777557
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84