Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Caldas (comarca) / Catoira
Parroquia: San Miguel de Catoira
Lugar: O Machón
Outra denominación do ben: Muíño do Machón
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Muíño cun sistema único, posto que aproveita tanto a auga das mareas como a do Río Catoira mediante un sistema de comportas que retiña as augas do mar ou do río, para posteriormente cando a presa estaba chea abrir os pasos e contar con suficiente caudal para mover os rodicios, e con eles as moas. Aínda que non está clara a súa data de creación, sábese polas crónicas que en 1873, cando se constrúe a vía de ferrocarril Santiago-Carril, xa estaba operativo, pois pasa a escasos metros. A propia construción está levantada na propia presa de contención da auga e conta con dúas moas.
Por que un muíño de mareas na terra dos mil ríos?.
Aínda que pareza que en Galicia sempre sobre auga, compre non esquecer que a auga doce é un ben escaso e así o foi tamén para os nosos antergos. Sobre todo nos meses de verán, a partir do día de San Bieito, as leiras debían ser regadas e iso implicaba unha perfecta organización de todo o río, dende o seu curso alto ate a desembocadura, xa que regando as terras altas, non habería auga para as baixas nin para os muíños. Isto supuña un sistema de horarios perfectamente organizado e, sobre todo, moer polas noites, cando non era hora de rega pero si de troula..


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: RI.000030938
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CATOIRA/documents/0767no104.pdf (Pax. 47)
http://www.asociacionbuxa.com/patrimonio/detalle/003


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6675666089
Lonxitude: -8.72838020325
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84