Outra fotografía:

Tipo de ben: Asentamento,
Concello: Deza (comarca) / Lalín
Parroquia: Bermés (Santa María)
Lugar: Abonxo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Estrutura circular duns 50 metros de diámetro no lado oriental da Serra do Carrio que Antonio Presas define, en primeira hipótese, como un preasentamento castrexo e do cal realizou un informe no ano 2014 que foi entregado no concello de Lalín para ser remitido a Patrimonio e ser estudado en profundidade. Está a unha altitude de 705 m. e pola súa posición xeográfica domina visualmente unha ampla zona do val do Deza-Asneiro e a maior parte da conca do río Arnego, por iso os lados Norte e Leste de Outeiro Grande verten cara os afluentes do Arnego, mentres que, o resto do escoamento queda recollido pola rede de drenaxe do río Deza (arroio de Lamas).
Morfoloxía: A forma deste posible precastro ou preasentamento castrexo obsérvase con relativa claridade na foto aérea de 1956, a modo de anel circular escuro sobre o substrato rochoso de cor clara.
En campo non resulta tan doado apreciar este anel pero hai tres aspectos moi importantes que testemuñan a súa existencia. Polo lado oeste do outeiro, de cara ás Brañas de Abonxo, pode observarse unha especie de gabia de forma curvada con sobreescavado pola parte externa que podía corresponder ao foxo exterior inicial, do que se sacou parte do material amontoado na muralla.
A morfoloxía descrita, así coma toda a información desta ficha é parte do informe de Antonio Presas que podemos ler completo en comentarios a esta ficha, na parte inferior da páxina.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Informe de Antonio Presas entregado no Concello de Lalín. Ano 2014


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7343338788
Lonxitude: -8.14005374908
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84