Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Paisaxe natural,
Concello: Muros
Parroquia: Serres (San Xoán)
Lugar: Monte de Laxeiras
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Na cima do Monte de Laxeiras, sobre un penedo, erguíase a Cruz de Pelos, da que xa só queda o fuste. Estanislao Fernández de la Cigoña a define como “cruceiro xubilar de cambio de século”, mentres que Atanasio López, en 1915, escribía sobre ela: “En la cumbre del monte de San Antón se conserva solamente la vara que servía de sostén a la cruz de Pelos. En el monte de San Marcos existe otra llamada de San Juán de las Galeras, erigiéndose estas dos cruces para que sirvan de protección a la Villa evitando los efectos desastrosos de las chispas eléctricas”.

Sen dúbida, as cruces de Pelos e do Rumial, como son coñecidas actualmente, deberon estar irmandadas. As dúas están asentadas sobre penedos facendo estes de baseamento. O fuste posúe unha escasa altura e o capitel é moi simple. Ao carecer de cruz, non temos constancia de como era, máis supoñemos que se trataría dunha cruz de brazos iguais.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:

A veciñanza, descoñecedora do que Atanasio López escribiu, lembra a historia de como alí preto apareceu  morto o cura de Serres, no camiño que leva a Torea, tratándose, segundo os mesmos,  dunha “cruz de morto”.  O sobrenome da mesma faría referencia a un rito pagán executado no furado do capitel que debería soster a cruz consistente en depositar os pelos despois de peitearse, o que se podería interpretar como un rito de ofrenda realizado polas mozas que alí levaban as ovellas a pacer.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

LÓPEZ, Atanasio: “Nuevos estudios crítico-históricos acerca de Galicia”.

Muros, ronsel de pedra, espiral de mar. Deputación da Coruña

FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA, Estanislao: “O Parque Natural do Monte Aloia entre milenios”.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7934067405
Lonxitude: -9.0478849411
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84