Outra fotografía:

Tipo de ben: Asentamento,
Concello: A Coruña (comarca) / Oleiros
Parroquia: Dexo (Santa María)
Lugar: Roza de Mirón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O asentamento está situado nunha punta-península na Roza de Mirón. Este ten dúas ou tres liñas defensivas concéntricas que dan a un regato polo oeste e ao mar polo leste. Ten forma elíptica duns 200 metros de norte a sur e uns 80 metros de leste a oeste. A zona está totalmente cuberta por fieitos, toxos e silvas. Hai un camiño peonil dende o porto de Dexo pola costa á beira do castro.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:

Pódense ver unha ducia de pías ou pequenos ocos circulares de ata 50 cm de diámetro nos penedos, de función e orixe descoñecida.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Está en total abandono, non se sabe de ningunha escavación ou estudo. Non consta no PXOM de Oleiros de 2014.


Onde está localizado

Latitude: 43.4001908161
Lonxitude: -8.32948240668
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84