Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural, Paisaxe natural,
Concello: Brión / Noia
Parroquia: Roo (Santa María)
Lugar: Nimo (Devesa de Nimo)
Outra denominación do ben: Carballeira de Nimo
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

A Devesa de Nimo é un dos espazos coa cualificación de Solo Forestal de Protección Natural no territorio do concello de Noia, aínda que tamén se interna no concello de Brión. Esta zona de bosque mixto ocupa unhas 150 hectáreas bordeando a canle do río Tambre e constitúe un lugar de grande interese ecolóxico e ambiental. A devesa presenta formacións de ribeira nos que se poden encontrar varias especies de fentos e arbustos, así como arbóreas, entre as que están acivros, carballos, castiñeiros, bidueiros, ameneiros, salgueiros, cerdeiras e algún piñeiro. Na parte que está cerca da central hidroeléctrica está ameazada por unha invasión de acacias que afogan a vexetación de ribeira.
Por esta devesa, e pola marxe esquerda do río, discorría unha vía de comunicación dende Noia ata as terras da Luaña. Dentro dela atópanse as ruínas de antigos mosteiros coma o de San Martiño de Corenza e o de San Marcos de Ortigueira, este último na paraxe denominada San Gregorio.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.noia.es/pxom/DOCUMENTO_COMPLETO/MEMORIAS/TOMO_VI_INF_SOST_AMBIENTAL.pdf
Páxina 22
http://www.adelaleiro.com/gestion/catalogo/docs/ruta-devesa%20de%20Nimo.pdf
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=811842


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

A canle, ou “presa de ataque” que leva a auga dende o encoro Barrié de la Maza ata a central do Tambre, seguindo o trazado do río e gañando altura, córtaa de norte a sur. Por outra banda esta obra impediu a súa degradación ao ser unha barreira infranqueable para a plantación de eucaliptos.


Onde está localizado

Latitude: 42.8428860054
Lonxitude: -8.8343167305
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84