Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Deza (comarca) / Lalín
Parroquia: Val do Carrio (Santo André)
Lugar: Abonxo
Outra denominación do ben: Mámoas de Outeiro Grande ou da Pena do ouro
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
As mámoas das Brañas de Abonxo forman unha necrópole megalítica situada na divisoria de augas das concas fluviais dos ríos Deza-Arnego, formando parte das estribacións da Serra do Carrio, pola ladeira oriental. Están en terreos limítrofes das parroquias de Val de Carrio e Bermes, e o monte no que se atopan ten carácter veciñal, rexido por unha comunidade. As mámoas forman un conxunto de alomenos 8 túmulos e eran coñecidas pola veciñanza, pero non apareceron en referencias bibliográficas ata tempos relativamente recentes. No ano 1996 un técnico de Patrimonio, trala súa localización, procedeu a incorporalas ao inventario oficial.
A foto principal da ficha e a información foi aportada por Antonio Presas.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
No ano 2002 e pese as advertencias realizadas, a empresa GAMESA colocou uns catro aeroxeneradores no contorno afectando á zona de protección do xacemento. Tradicionalmente o espazo ocupado pola necrópole foi aproveitado polos veciños de Abonxo para subministro de toxos que se transformaban en “esterco nos cortellos”, alternado con ciclos, relativamente longos, de cultivo de estivadas. Os efectos destas roturacións, con independencia das violacións sufridas con anterioridade, notáronse nalgunhas mámoas que foron moi rebaixadas, deixando ao descuberto algúns esteos graníticos.
A finais do último inverno (2016) tivo lugar unha rara intervención neste lugar, ao plantar varias árbores caducifolias (entre 8-10 arredor de cada túmulo) polo perímetro externo de cada unha das mámoas desta necrópole. Segundo manifestaron algúns veciños, a plantación efectuouse desa maneira para que, no futuro, ninguén se meta dentro dos túmulos que queden sinalados e protexidos por esas plantacións circulares.
Onde está localizado
Latitude: 42.7370131626Lonxitude: -8.14255356789
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Ago 31, 2017
http://historiadegalicia.gal/2017/08/unha-nova-plantacion-de-eucaliptos-ameaza-campo-de-mamoas-unha-delas-descuberta-recentemente/