Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Fisterra (comarca) / Muxía
Parroquia: Muxía (Santa María)
Lugar: Muxía
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Fonte situada a carón do mar e cerca do antigo Camiño da Pel polo que entraban os peregrinos que acudían ao santuario da Virxe da Barca. O Camiño Real estaba prohibido a esta xente para evitar o contaxio na vila de enfermidades como a lepra. A fonte estaba composta por uns muros de contención feitos con pezas de sillería que compoñían unha especie de pía alargada que almacenaba a auga dun manancial e onde posiblemente se lavaban os peregrinos. Foi clausurada polo alcalde da vila no século XIX por medo aos contaxios. Os romeiros entraban na parte traseira da vila, polo Monte Enfesto e Os Malatos, baixando pola Camposa , o Coído e a Pedriña e, indo polo Camiño da Pel, polo Monte Corpiño, chegaban á Barca.
Segundo o experto en arte Antón Castro, foi estudada polo párroco Manuel Canosa e polo historiador José Enrique Rivadulla Porto que plasmaron o seu traballo toponímico no libro publicado en 1980.
«Ten unha gran importancia histórica. Sabemos que é dá época medieval e estivo tapada durante moitos anos o que en parte fixo que se esquecera», di Antón Castro, quen dubida que nunha enquisa a pé de rúa sexa fácil de atopar algún veciño que coñeza o seu verdadeiro valor.
Na imaxe secundaria da ficha poñemos a fotografía da Fonte da Pel publicada no libro de J.E. Rivadulla do 1974 sobre o Santuario da Barca. A día de hoxe o lugar da fonte está case destruído pola forza dos golpes de mar, cos seus perpiaños movidos e tapando parte da fonte.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Rivadulla Porto, Jóse Enrique. Santuario de Ntra. Señora de la Barca. Notas históricas.
Imprenta Comercial. Pastor Díaz . A Coruña 1974
Rivadulla Porto, J.E. Canosa Mouzo, M. Castro Fernández, J.A.
Santuario de Ntra. Señora de la Barca. Muxía. Leyenda, Historia , Arte y Folclore. 1980
Webs
http://saladoperello.blogaliza.org/2012/12/13/que-e-a-sala-do-perello/
http://proxectobuserana.blogaliza.org/o-camino/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.1093623665
Lonxitude: -9.22034025192
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84