Outra fotografía:

Tipo de ben: Necrópole,
Concello: San Sadurniño
Parroquia: Ferreira (San Paio)
Lugar: O Pico de Ferreira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

O Pico Ferreira atópase a 355 metros de altitude. No cumio hai unha gran rocha cunha tumba antropomórfica escavada na mesma. Cóntase que xunto a pena había unha ermida coa imaxe do San Vicenzo. Un bo día, os veciños decidiron trasladar a capela para o lugar onde se atopa a actual igrexa de San Paio de Ferreira. Mais o santo non estaba cómodo no novo emprazamento polo que todas as noites volvía ao Pico Ferreira para durmir na súa cama (o sepulcro antropomorfo). Os veciños, cansos de ter que ir a buscalo cada mañá, acordaron encadealo, único xeito de que non fuxira cada noite. Aseguran que se o ceiban das cadeas coas que o ataron, o San Vicenzo volvería a escapar para o seu lugar de orixe. Polo sitio vense varias penas con pías naturais pero tamén con coviñas feitas pola man do home, acompañadas por cruces.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.5247324104
Lonxitude: -8.02344202995
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84