Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Bueu / Morrazo (comarca)
Parroquia: San Xoaquín de Ons
Lugar: Ons
Outra denominación do ben: Outeiro da Altura / Castro da Illa de Ons
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O catálogo arqueolóxico do Documento de Aprobación Provisional do PXOM do concello de Bueu de marzo de 2016 non afirma con certeza da existencia do castro, podemos ver a descrición do recinto da maneira seguinte : “Está no Parque Nacional das Illas Atlánticas. Hai restos á vista dun muro e moi preto sitúase un outeiro que pola súa situación topográfica pódese tratar dun castro”.
Visitado o recinto pódese observar unha gran muralla de terra que podería acadar os 14 metros de altura e en forma de media lúa, abranguendo toda a cara oeste e que sería resultado de cortar o terreo por esa zona e acumular a terra ao mesmo tempo que se rodeada dun foso moi visible. Preceden a este foso outros dous, concéntricos e moi colmatados, pero apreciables nos planos lidar. Logo o asentamento desenvólvese de forma redondeada e en ladeira ata rematar nunha pequena muralla na zona leste que mira á costa e aproveitando logo deste a pendente natural como defensa. As medidas contando os muros de terra serían duns 65 m. leste oeste e 105 norte sur. Está a 97 m. de altitude.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA36004024
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Contounos a veciña da Illa de Ons, Esther de 64 anos, que cando era nena, ela e outros rapaces ían co gando por esta zona e metíanse por unha entrada que daba a unha cova ou túnel que se chamaba “burato dos mouros” que estaba ao pé do castro. Camiñaban por el pero nunca chegaron a súa fin, pois collían medo da escuridade. A entrada estaba enmarcada entre dúas grandes pedras que acabaron por derrubarse a causa dun raio e dende aquela quedou pechado o acceso. Seica acababa no illote do Cairo que está cerca da praia do Canexol, ao leste do castro.
No traballo “O aproveitamento do mar ao longo do tempo. A documentación do xacemento romano do Canexol” (Illa de Ons, Bueu) de Paula Ballesteros Arias. LaPa. Laboratorio de Patrimonio. IEGPS- CSIC, podemos ler na páxina 21 do pdf http://digital.csic.es/bitstream/10261/20451/1/56.pdf
Segundo Irene Patiño Otero, veciña de Ons: ”Eu escoitaba dos antiguos que había un túnel que ía dende o Buraco dos Mouros, que baixabas por unhas escaleiras que alí había e ías a dar O Cairo por debaixo do mar. Cando eramos pequenos e iamos co gando a pastar por alí, iamos ó buraco e baixabamos polas escaleiras pero, cando se facía escuro, escapabamos correndo para fora. Escoitabamos da xente que alí estivera que no buraco había moito ouro pero nos nunca o miramos…”


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.concellodebueu.org/paxina.php?filMenu=MENU12_3&filId=17&idioma=ga
Catálogo Arqueoloxía. Pax 46


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3685958157
Lonxitude: -8.93669128418
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84