Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural, Paisaxe natural,
Concello: Bueu / Morrazo (comarca)
Parroquia: San Xoaquín de Ons
Lugar: Burato do Inferno
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O Burato do Inferno é un afundimento do terreo que descende verticalmente uns 45 metros ata o nivel do mar, que se atopa a moi pouca distancia. Está producido pola erosión de materiais blandos do macizo rochoso desta zona a causa dos embates do mar, os derrubes da ladeira e as reaccións químicas na composición dos minerais. Pódese entrar pola zona inferior que dá a costa e a extensión horizontal da furna é duns 140 metros.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Crían os habitantes da Illa de Ons que o burato chegaba ata as mesmas portas do inferno e que dende dentro chegaba o son do lamento das almas que alí se atopaban.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Un video cun descenso polo Burato do Inferno
http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2014/09/26/baja-buraco-do-inferno-ons/1101347.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.360058147
Lonxitude: -8.94602000713
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84