Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida, Castelo, Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Muros / Muros (comarca)
Parroquia: Serres (San Xoán)
Lugar: Boa Vista
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

No illote de Santo Antón pódense observar os alicerces dunha estrutura de planta rectangular e que segundo o catálogo arqueolóxico do PXOM de Muros do ano 2010 trataríase dos resto dun posto de vixilancia de idade moderna. Muros estaba defendida por outros baluartes coma o da Punta do Rebordiño e o de Montelouro.
Nalgúns escrito temos a descrición dunha capela adicada a Santo Antón e que estaría, ao igual que a de Santa Catalina na parroquia de Tal, e a capela da Creba, en illotes aos que se accedía a pé só con marea baixa ou en barco. Así nun traballo de José Antonio Vázquez Vilaboa (Cuadernos de Estudios Gallegos, LVII N.º 123, xaneiro-decembro 2010, pp. 195-228) falando da descrición da Xurisdicción de Muros do ano 1797 podemos ver : “A continuación, seguindo en dirección noroeste outra media milla, se verá un Castillo á la orilla del mar, desde el cual principia la playa y la Poblacion de Muros que es mediana, y tiene en su fondeadero algunos Pataches para el tráfico, y muchos Barcos pescadores. En el fondo del Puerto hay otra Población que nombran S. Juan de Sierras. Unha milla ó nordés da citada atalaia “está la Punta y Ermita de S. Antonio, que es la setentrional de este Puerto, de una regular altura y queda aislada cuando es pleamar”
Tamén nun inventario feito no ano 2018 para a posta en valor dos recurso materiais e inmateriais dos resurso mariños, no ámbito de Muros, Lira, Pindo, Fisterra e Laxe, na páxina 25 do pdf e no apartado “Arquitectura relixiosa e funeraria” podemos ler : “restos de senllas capelas nos illós de Santa Catalina e Santo Antón, na illa da Creba tamén houbo, pero edificouse enriba”


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA 15063031
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

No catálogo arqueolóxico de PXOM de Muros do ano 2010 (pax. 9)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/documents/22396CA005.PDF
Enlaces web aos traballos citados:
http://pindomarino.org/arquivos/Informe_Memoria_Inventario_Pat_Cult_191208.pdf
pax. 25
http://estudiosgallegos.revistas.csic.es/index.php/estudiosgallegos/article/view/78/79
pax. 17
Un artigo sobre o illote de Santo Antón
https://themurostimes.com/2015/02/21/o-misterio-da-illa-de-san-anton/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7865393482
Lonxitude: -9.04617369175
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84