Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Santiago (comarca) / Santiago de Compostela
Parroquia: Bando (Santa Eulalia)
Lugar: Zaramacedo
Outra denominación do ben: Dolmen das Derramadas
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

O Dolmen de Zaramacedo contaba cun túmulo de terra e pedras hoxe desaparecido, polo cal non permite acreditar outras estruturas asociadas a el. Conta na actualidade con 8 esteos e a cámara é poligonal e con tendencia lixeiramente elíptica. Segundo a ficha do catálogo PXOM de Santiago do ano 2007 : “ O eixo lonxitudinal orientado en dirección leste-sueste, acada na súa parte interior e no nivel da parte descuberta 1,85 m. acadando o eixo transversal 1,55 m. A altura da cámara no tramo actualmente visible oscila entre os 0,70 m. e 1,20 m. Os ortoestatos presentan unha acusada inclinación cara o interior, sendo empregado tanto o xisto (6 ortoestatos fincados) coma o granito (2 fincados e máis o retirado). A este dolmen faino singular o feito de pasar por ser o único do concello de Santiago que conserva a cámara con ortoestatos.
O seu estado actual é lamentable pois está inzado de maleza e no medio dunha plantación de eucaliptos feita no ano 2014, que a penas deixan velo e fan perigar a súa estrutura.
Fotos da ficha actualizadas de xaneiro de 2017. Cortesía de Antonio Xende.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15078085
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

No catálogo do PXOM de Santiago, ano 2017
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SANTIAGODECOMPOSTELA/documents/26242ca008.pdf (pax. 25 código GA15078085)
No blog de Moncho Boga . Maio 2014
http://dolmensedemaisfamilia.blogspot.com.es/2012/12/anta-de-zarramacedo-bando-santiago-de.html
http://dolmensedemaisfamilia.blogspot.com.es/2014/05/a-unica-camara-megalitica-de-santiago.html
En historiadegalicia.gal Agosto 2016
https://historiadegalicia.gal/2016/08/o-dolmen-perdido-no-medio-dun-eucaliptal/
En Megaliticia de Alex Negreira
http://megaliticia.blogspot.com.es/2015/10/dolmen-das-derramadas-zarramacedo.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

A día de hoxe, febreiro de 2017, está metido no medio dunha plantación de eucaliptos feita no ano 2014, que a penas deixan velo e fan perigar a súa estrutura.


Onde está localizado

Latitude: 42.8768006037
Lonxitude: -8.45621109009
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84