Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Paisaxe natural,
Concello: Muros
Parroquia: Muros (San Pedro)
Lugar: Campo das Cortes
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Na cima do Monte do Rumial, no Campo das Cortes, sobre unha base formada por un penedo, aséntase un fuste de escasa altura. Sobre este, unha cruz de brazos iguais, carecendo de inscrición e de gravados.

Estanislao Fernández de la Cigoña a define como “cruceiro xubilar de cambio de século”, mentres que Atanasio López, en 1915, escribe sobre ela: “En la cumbre del monte de San Antón se conserva solamente la vara que servía de sostén a la cruz de Pelos. En el monte de San Marcos existe otra llamada de San Juán de las Galeras,erigiéndose estas dos cruces para que sirvan de protección a la Villa evitando los efectos desastrosos de las chispas eléctricas”.

Dende este punto podemos ver o centro da ría, Esteiro e Portosín.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:

A veciñancia non coñece o narrado por Atanasio Lopez,  falando dunha “cruz de morto”. Así, din que nas inmediacions morreu unha veciña que mentres andaba cas ovellas caeu dun penedo.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

LÓPEZ, Atanasio: “Nuevos estudios crítico-históricos acerca de Galicia”.

FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA, Estanislao: “O Parque Natural do Monte Aloia entre milenios”.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7684703242
Lonxitude: -9.06211137772
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84