Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Condado (comarca) / Ponteareas
Parroquia: Padróns (San Salvador)
Lugar: As Cortellas
Outra denominación do ben: Peto de ánimas da capela de San Francisco.
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Peto de ánimas de tipo pechado cunha altura de 3,5 metros.
A fornela presenta arco escarzano. Aos laterais podemos ver dúas columnas que rematan en capiteis con volutas. Na repisa aparece un pequeno caixón para as esmolas, hoxe sen tapa. O conxunto coróase cunha cornixa moldurada.

No interior da fornela podemos ver un retablo pétreo, posiblemente do século XVIII, no que aparecen varias imaxes: na parte superior tres imaxes (unha delas con bonete e outra smella un freire; na parte inferior vemos tres almiñas entre as lapas do purgatorio (unha delas, un pouco elevado, leva unha mitra)
Todo o retablo presenta restos de policromía.

Este peto de ánimas o podemos ver pegado ao muro lateral da Capela de San Francisco (http://patrimoniogalego.net/index.php/88447/2016/08/capela-de-san-francisco/)

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Existía o costume de deixar unha esmola por riba da cabeza de cada unha das ánimas.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.pxomponteareas.org/p-o-x-m/ (Ficha 16.04.01b)
http://www.oocities.org/xufp/cortellas.html

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998
FERNÁNDEZ ÁLVAREZ, Moné: “Cruces, cruceiros e petos de ánimas do Concello de Ponteareas”. Ed. AGCE, S.L. Vol. XXXVII. 2008

REFERENCIAS DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.251746429
Lonxitude: -8.5283075273
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84