Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Condado (comarca) / Ponteareas
Parroquia: Padróns (San Salvador)
Lugar: As Cortellas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre dous chanzos, o primeiro máis moderno de sección hexagonal e o segundo de sección cadrada.
A súa base é cadrada coas arestas rebaixadas. A continuación o varal que nace en sección cadrada para seguir en octogonal; a unión do varal co capitel realízase por medio dun colar. O capitel posúe volutas nas esquinas e cabezas de anxos nas catro caras.
O conxunto remata nunha cruz cadrada coa imaxe de Cristo crucificado.

O cruceiro atópase protexido por un enreixado metálico.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.pxomponteareas.org/p-o-x-m/ (Ficha 16.04.02)

BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ ÁLVAREZ, Moné: “Cruces, cruceiros e petos de ánimas do Concello de Ponteareas”. Ed. AGCE, S.L. Vol. XXXVII. 2008


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2513523328
Lonxitude: -8.52882519364
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84