Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Salnés (comarca) / Vilagarcía de Arousa
Parroquia: O Carril (Santiago)
Lugar: Illa de Cortegada
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

No Monte da Torre da Illa Cortegada está referenciada unha edificación defensiva e de vixilancia para controlar os ataques dos normandos que chegaban a esta zona de costa para despois avanzar polo río Ulla cara a Iria e Santiago. Dentro das fortificación das que hoxe se ten constancia estarían por esta zona da Galicia : A torre da Lanzada, en Sanxenxo, a torre de San Sadurniño, en Cambados, a torre de Calogo, en Vilanova de Arousa, a fortaleza de Lobeira, en Vilagarcía, a torre de Cortegada, en Carril, a torre de Meadelo, no lugar do Salgueiral, entre Carril e Bamio, e as Torres de Oeste, en Catoira. No Monte da Torre desta illa podemos apreciar unha elevación do terreo cunha pequena superficie rochosa que amosa cortes nas pedras que poderían servir de asentamento a torre. A conservación dos topónimos Torre de Arriba e Monte da Torre apuntaría aquí a situación da torre, ao ser un dos puntos máis ao sur da illa e con maior altitude do terreo da contorna.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6146855001
Lonxitude: -8.78653585911
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84