Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Rois / Sar (comarca)
Parroquia: Ribasar (Santa Mariña)
Lugar: Angueira de Castro
Outra denominación do ben: A Casa do Almirante
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificación do ano 1792 feita a base de cantería granítica. Posúe unha planta irregular na que se adiviña unha forma en L cunha pequena torre. As cubertas son a dúas e catro augas.
O acceso á propiedade realízase por medio dun pequeno portalón ameado con cruz pétrea de remate. A continuación un pequeno patio.
A edificación foi dividida pola metade nun proceso de herdanza.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta: RI.000011507
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Este pazo tamén é coñecido polo nome de “Casa do Almirante”. Segundo contan os vellos de Angueira de Castro, o almirante (posiblemente un tenente de navío) mandou facer o pazo no ano 1792, segundo se pode ler na documentación da época que aínda posúe a dona da casa.
Este home chegaba á súa casa con todos os seus galóns para que o viran os seus veciños.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ROIS/documents/0349CA004.PDF
(Ficha AC-003 – Páxina 3)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8113938477
Lonxitude: -8.63534778357
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84